FRANSY Cantareira e pandeireteira dedicada á esencia da raíz

Desde os sete anos está vencellada á música e á danza tradicional galega. Socia fundadora da A. X. Xiradela e do grupo de pandeireteiras Xiradela, FRANSY ten unha longa traxectoria como intérprete, investigadora, directora e mestra, adicada á recuperación, conservación e transmisión da tradición oral galega.

+35

Anos de traxectoria


Unha vida dedicada á música de raíz
+30

Anos de transmisión oral


Ensinando ás novas xeracións e facendo comunidade
+15

Países visitados en xira


Levando a tradición galega polo mundo

Próximas datas

20 Dec 2026

Ourense

A Arca de Noe (Vilar de Santos)

Fransy e Davide Salvado

Manhe Fransy & Orquestra de Corda

Manhe é un espectáculo que une a voz e a percusión tradicional galega cunha orquestra de corda e o saxo soprano de Pedro Lamas. Estreado con éxito de público no Teatro Colón da Coruña, é un diálogo inédito entre de raíz das cantareiras e a delicadeza do sinfónico.

A nosa herdanza ao encontro dunha grande orquestra

Máis de vinte músicos acompañan a FRANSY neste soño colectivo. O proxecto conta co apoio de figuras de prestixio como Pedro Lamas, director musical; Antonio Romero Cienfuegos, na dirección da formación de cordas, e o talento de Javier Cedrón como concertino.

Estreado en novembro de 2025, Manhe encheu o Teatro Colón da Coruña nunha estrea que confirmou a súa potencia escénica e emocional.

Voz e percusións

FRANSY

Dirección musical, saxo soprano e arranxos

Pedro Lamas

Formación · Orquestra de corda

+ 20 músicos

Estrea · Novembro 2025

Teatro Colón, A Coruña

Unha vida dedicada á esencia da raíz · Fransy González

Proxectos de FRANSY

Manhe

Un espectáculo que une a forza da voz e a percusión tradicional galega coa delicadeza dunha orquestra de corda. Máis de vinte músicos acompañan a FRANSY nunha proposta onde a música tradicional galega adquire unha nova dimensión sonora.

Fransy & Davide Salvado

Unha viaxe á alma da tradición galega, construída unicamente con voces e percusións. Fransy e Davide mergúllanse nas músicas antigas de Galicia cunha mirada honesta, profundamente conectada coa vida e coa terra. Sen artificios, sen adornos innecesarios, recuperan o son da festa, do traballo, da intimidade e do ritual.

Masterclass

FRANSY imparte masterclasses de canto tradicional galego e pandeireta. A través da práctica, ensina as melodías e toques que ela mesma aprendeu nas recollidas de campo ás mulleres rurais de Galicia, achegando tamén a historia e o contexto de cada repertorio. Un espazo para aprender desde a raíz e contribuír á súa transmisión e difusión.